IES de Beade, VIGO

IES de Beade, VIGO

E2WJ project

Para ver toda a información do noso anterior proxecto Erasmus+:
Environment, Energy, Water and Jobs: a new challenge for European youth! : pincha aquí

martes, 12 de marzo de 2024

Visita de alumnos e profesoras do colexio alemán Wilhelmsgymnasium, de Kassel

 Dentro das activiades de mobilidade do proxecto Erasmus deste ano, 10 alumnos do instituto alemán , da cidade de Kassel, visitaron a semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo o noso centro.

O proxecto, que o alumnado bautizou co acrónimo TIE, de "Tradición e Identidad en Europa", xogando coa palabra inglesa "Tie", que significa "atar", versa sobre as tradicións nos nosos países, tanto as actuais como as das épocas dos nosos pais ou avós.

Durante a semana,coñeceron a cidade de Vigo, cruzaron a ría ata Cangas, visitaron a catedral de Santiago e o museo do pobo Galicia, coñeceron de primeira man a pesca de altura, cun percorrido guiado pola lonxa e o porto, e presentaron os vídeos con entrevistas que fixeron aos seus familiares.

Como sempre, despedimos a semana cun acto coas familias no centro cultural de Beade.

Deixámovos a presentación da visita dende o punto de vista do alumnado alemán:


miércoles, 13 de diciembre de 2023

Selo de Calidade e Premio Nacional para o proxecto eTwinning "EnigMath"

O proxecto eTwinning EnigMath, realizado durante o curso 2022/23 polas alumnas e alumnos de 4ºESO B, coa profesora de matemáticas Esther Pérez,  cun colexio grego, ven de recibir O Selo de Calidade por parte da Axencia eTwinning de España. Este Selo recoñece as boas prácticas do proxecto: a colaboración entre os estudantes dos dous países, a innovación educativa e o emprego de ferramentas dixitais.

Ademais, recibiu tamén o 1º Premio Nacional, na categoría de alumnos entre 16 e 19 anos, en Grecia. 

Aquí está a páxina onde se anunciou o premio: https://www.etwinning.gr/awards/nawards/1324-18-etwinning


E esta é a web do proxecto: 

https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/enigmath/twinspace/pages/our-project


eTwinning é unha plataforma para realizar proxectos educativos entre colexios de distintos países europeos, nun entorno seguro. O IES de Beade leva participando nestes proxectos dende o ano 2013, e moitos deles han recibido tamén Selos de Calidade. Pero é a primeira vez que recibimos un Premio Nacional.

Noraboa a todos os alumnos do noso centro que traballaron nel: Celia, Sheila, Yaiza, Sandra, Carla, Miguel, Lorena, Marina, Adnros, Raquel, Alba, Aser, Mara, Martín, David, Eva, Ismael, Antía G., Antía F., Luka e Bruno. E tamén, por suposto, aos nosos socios gregos!

Por último, compartimos con vós un video de presentación do proxecto feito pola profesora grega, Vicky Baketta:


miércoles, 28 de junio de 2023

Concesión dun novo proxecto Erasmus para o IES de Beade

 

Con data de 23 de xuño 2023 publicouse na web do SERVICIO ESPAÑOL PARA LA INTERNACIONALIZACIÓN DE LA EDUCACIÓN (SEPIE)  a resolución pola que se concedían os proxectos KA122 de movilidade de alumnado e profesorado

A nosa solicitude foi aprobada, con 90 puntos sobre 100. 

Máis información na seguinte presentación:


sábado, 3 de junio de 2023

Proxecto Erasmus FRESSH: despedida na feira de proxectos

 

O martes 30 e o mércores 31 de maio o proxecto Erasmus participó, coma sempre, na feira de proxectos de fin de curso, onde o alumnado contou as actividades do proxecto a todos os cursos da ESO que visitaron a feira, incluidos profesores e pais. Foi unha despedida xa que, despois de tres anos, o proxexto FRESSH está a piques de rematar



domingo, 14 de mayo de 2023

Online gamification Apps for Erasmus FRESSH project

 

O alumnado Erasmus do IES de Beade, ao longo dos tres cursos académicos do proxecto,  realizou varios xogos online, coa plataforma LearningApps 

Aquí volas deixamos, nesta imaxe interactiva, por sequeredes animarvos a xogar:


jueves, 4 de mayo de 2023

Plantación de árbores de cada país no Erasmus FRESSH

 

Cada país socio do proxecto trouxo unha árbore e a plantamos na horta durante a mobilidade en Vigo.

As árbores son:

  • Un Salgueiro de República Checa
  • Un cereixo de Bulgaria
  • Unha maceira de Portugal
  • Un olivo de Grecia
  • Un castaño de Galicia


Planting national trees de Esther Pérez Fernández

Actividades de laboratorio de bioloxía durante a mobilidade en Vigo

 Os alumnos Erasmus estranxeiros, coa axuda dalgúns dos seus compañeiros de Vigo, realizaron unha prácticas no laboratorio de bioloxía, para empregar os nosos sentidos á identificación de alimentos.

Ao final, disfrutaron dunhas borchetas de froita fresca, elaboradas por outros compañeiros



Lab activities de Esther Perez Fernandez

martes, 2 de mayo de 2023

Adiviñas e refráns sobre a comida nos distintos países do programa Erasmus

 

Na presentación tedes o traballo colaborativo realizado por os alumnos de todos os países do proexecto Erasmus FRESSH.

E logo, un par de xogos sobre este tema, un en galego e outro en inglés




miércoles, 29 de marzo de 2023

Campaña Solidaria con UNICEF do proxecto Erasmus FRESSH

 

Na celebración do entroido do instituto os rapaces do Erasmus prepararon galletas, biscoitos e filloas feitas por eles para vendelas durante a festa e conar o dinero recollido a UNICEF, para axuda dos danmificados polo terremoto de Turquía e Siria.




Recaudamos 64 euros, e recibimos unha resposta  e un diploma de agradecemento por parte de UNICEF.







domingo, 29 de enero de 2023

Difusión do proxecto Erasmus FRESSH para as familias

 En xaneiro reunimos ás familias dos alumnos do programa Erasmus para que os propios alumnos lles contaran como foi a súa experiencia ata o de agora.

Tamén os pais tiveron o seu Kahoot ao final da presentación!

Velaí tedes unha mostra de imaxes e videos desta presentación. 
















O proxecto Erasmus e o Club de Ciencia, xuntos na prensa local

 

O xornal vigués Atlántico Diario publicou o 25 de xaneiro unha pequena reportaxe sobre os proxectos do noso centro. En particular, sobre as actividades do Club de Ciencia e o Erasmus, que caminan xuntos dende fai xa moitos anos.

Bó traballo a todo o alumnado e profesorado participante!



viernes, 23 de diciembre de 2022

Difusión do proxecto Erasmus FRESSH para o alumnado de 1º e 2º de ESO

 

O 21 e 22 de decembro, as alumnas e alumnos do proxecto Erasmus+ FRESSH, xa en 4º de ESO, presentaron a súa experiencia aos compañeiros de 1º e 2º, no salón de actos do centro, animándovos a participar no futuro noutros proxectos, e contándolles moitas das actividades que fixeron e as mobilidades nas que particparon.

Ao final, fixeron unha pequena proba coa aplicación Kahoot para ver se estiveran atentos!















jueves, 20 de octubre de 2022

domingo, 19 de junio de 2022

jueves, 19 de mayo de 2022

Mobilidades Erasmus FRESSH na prensa local

 

O noso proxecto apareceu xa varias veces na prensa local. Desta volta, nos xornais "Atlántico Diario" e "Faro de Vigo" fixéronse eco das mobilidades feitas por alumnos, alumnas e profesoras do centro a Palmela (Portugal) e Vodnyany (República Checa)


https://www.farodevigo.es/faroeduca/2022/05/16/marchar-erasmus-co-instituto-66163710.html













martes, 10 de mayo de 2022

Traballos dos alumnos do Erasmus durante o curso 2021/22

- Árbore e galletas de Nadal:





- Os nosos productos típicos: 

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet



 - Visita á praza de abastos: 

- Que comemos?

- Quemando calorías:




 - O noso bosque en xaneiro:

   
 - Recetas galegas para levar á República Checa: - Facendo pan:




- Disfraces reciclados:









Mobilidade a Erasmus a Portugal

 

Nesta presentación tendes un resumo da mobilidade a Portugal dalgúns das alumnas e alumnos do programa Erasmus FRESSH

sábado, 11 de diciembre de 2021

O IES de Beade presentou a súa experiencia en Erasmus nunhas xornadas en Santiago de Compostela

O Equipo Erasmus estivo en Santiago de Compostela nas Xornadas Erasmus+ e eTwinning organizadas polo CAFI o 27 de novembro de 2021.


 Asistimos ás charlas doutros compañeiros e compañeiras e presentamos a nosa experiencia nas sesións de secundaria, para animar a outros centros a adherirse a estes programas.

No seguinte video tedes un resumo da nosa asistencia, e despois, o contido da nosa presentación.





domingo, 29 de agosto de 2021

Enquisa ao alumnado Erasmus do curso 2020/21

Neste pequeno video podedes ver os resultados da enquisa feita ao alumnado do proxecto Erasmus FRESSH tras as actividades do curso 2020/21 


Enquisa Erasmus 2020/21 on Biteable.

lunes, 19 de julio de 2021

Reunión dos coordinadores do proxecto FRESSH no IES de Beade


 Do 28  de xuño ao 2 de xullo as profesoras coordinadoras dos países socios (Bulgaria, Grecia, Chequia e Portugal) mantiveron unha xuntanza no noso IES co obxectivo de coordinar as actividadres do proxecto FRESSH e de compartir as súas experiencias previas, así como os seus coñecementos en ámbitos como a aplicación nas aulas das novas tecnoloxías ou a aprendizaxe por proxectos.

Na seguinte ligazón podedes ver esas presentacións: ligazón as presentacións

E debaixo, algunha imaxe das nosas sesións de traballo: